Guia docente 2009_10
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Historia dos Países do Primeiro Idioma Estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Contestar a unha serie de cuestións e preguntas relacionadas coa parte do temario impartida a través de clases teóricas ou sesións maxistrais. 50%
Resolución de problemas e/ou exercicios Formulación de problemas que o alumnado debe resolver na clase relacionados con algúns temas. 20%
Traballos e proxectos Redacción escrita e exposición oral dun traballo, que pode facerse en grupos pequenos. Implica a exposición oral, o debate e a defensa deste. 20%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación






O alumnado que non
asista regularmente á clase ou non supere a materia co sistema de avaliación
sinalado (avaliación continua) ten dereito a ser cualificado mediante un
exame final. Este procedemento será válido tanto para a
convocatoria ordinaria de xuño como para a extraordinaria de xullo.


Inclúe dúas
modalidades:


Opción A:


1. Un exame ou proba
escrita de coñecementos: desenvolver un tema e/ou contestar a varias
preguntas ou cuestións relacionadas co temario (cualificación: 70 %).


2. Realización,
redacción escrita e entrega, dun traballo individual sobre un tema do
temario (cualificación: 30 %).


Opción B:


Realizar só un exame
ou proba escrita de coñecementos: desenvolver un tema e contestar a varias
preguntas ou cuestións relacionadas co temario (neste caso a cualificación do
exame será o 100 % da nota final). 


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000