Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados A comisión avaliadora terá en conta os seguintes criterios:
-Calidade técnica do traballo, fundamentación teórica, proposta metodolóxica, capacidade crítica do discente (60%).
-A presentación escrita do TFG (20%). Valorarase especialmente a corrección formal e a adecuación aos estándares académicos descritos nesta guía
-A defensa oral do TFG (20%). Valorarase especialmente a habilidade e o dominio da linguaxe verbal e a capacidade de síntese.

IMPORTANTE

O seguimento dunhas normas éticas considérase básico na elaboración do TFG. En particular, o respecto polo recoñecemento da autoría allea. Así, calquera plaxio identificado será motivo de suspenso do TFG. Entenderase por plaxio calquera reprodución literal presentada como propia dun texto alleo, independentemente da súa extensión ou calquera apropiación das ideas ou metodoloxía dun/a autor/a que non se mencione nas referencias e, isto, sexa cal sexa a súa procedencia (dun traballo individual ou colectivo, dunha publicación impresa ou dun documento electrónico ou de uso restrinxido, páxina web, ou traballo que se está levando a cabo por parte dalgún/a compañeiro/a, etc.).
100 A1
A2
A3
A4
A5
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Defensa oral do TFG.

O/A estudante disporá de 10 minutos para presentar a súa proposta. Recoméndase
que inclúa na súa intervención os aspectos seguintes:

-Introdución:
problemática obxecto de
estudo e o seu interese.

-Bases
teóricas e/ou metodolóxicas:
marco teórico e hipótese(s) do traballo.

-Resultados:
principais resultados
obtidos.

-Conclusións: achegas do traballo ao obxecto de estudo

Na presentación oral o alumnado non poderá ler. Si poderá empregar un pequeno
guión ou acompañar a súa presentación oral de material de soporte visual,
auditivo, etc., pero a presentación oral NON pode constituír a simple lectura do devandito material.

Os membros da comisión avaliadora presentarán nun tempo máximo de 15
minutos os seus comentarios e preguntas, as cales deberá contestar, brevemente,
o/a estudante.

Despois da deliberación a porta pechada, e unha vez decidida a cualificación
do TFG (que, segundo se recolle no artigo 7, parágrafo 7, do Regulamento do TFG
da Facultade de Filoloxía e Tradución, deberá ser numérica, de 0 a 10, coa posibilidade de outorgar
matrícula de honra (MH) nas condicións determinadas na normativa), a comisión avaliadora
levantará acta do acto de defensa e entregaralle unha copia á persoa responsable
da materia (para que complete a acta correspondente na secretaría virtual) e outra
á Secretaría do alumnado (cfr. art. 7, parágrafo 9 do Regulamento do TFG da
FFT). No suposto de que a cualificación do TFG sexa a de suspenso, lémbrase que
a comisión avaliadora lles entregará a estudantes e profesorado titor un
informe coas recomendacións oportunas para mellorar o TFG en posteriores avaliacións
(cfr. art. 7, parágrafo 8 do Regulamento do TFG da FFT).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000