Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados En todas as convocatorias do TFG a comisión avaliadora terá en conta os seguintes criterios:
-O rigor académico do estudo presentado, a súa fundamentación teórica e o seu deseño metodolóxico, a capacidade crítica do/a estudante e os resultados obtidos (60%).
-A presentación escrita do TFG (20%).
-A defensa oral do TFG (20%).

IMPORTANTE: Calquera plaxio identificado será motivo de suspenso do TFG. Entenderase por plaxio calquera cita literal (curta ou longa) presentada como propia (i.e., sen comiñas e sen referencia da autoría) ou calquera apropiación das ideas ou metodoloxía dun/a autor/a que non se mencione nas referencias e, isto, sexa cal sexa a súa procedencia (dun traballo individual ou colectivo, dunha publicación impresa ou dun documento electrónico ou de uso restrinxido, páxina web, ou traballo que se está levando a cabo por parte dalgún/a compañeiro/a, etc.).
100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Defensa oral do TFG.

O/A estudante disporá de 10 minutos para presentar a súa proposta. Recoméndase
que inclúa na súa intervención os aspectos seguintes:

-Introdución:
problemática obxecto de
estudo e o seu interese.

-Bases
teóricas e/ou metodolóxicas:
marco teórico e hipótese(s) do traballo.

-Resultados:
principais resultados
obtidos.

-Discusión:
interpretación dos
principais resultados.

Na presentación oral o alumnado non poderá ler. Si poderá empregar un pequeno
guión ou acompañar a súa presentación oral de material de soporte visual,
auditivo, etc., por exemplo unha presentación PowerPoint ou OpenOffice Impress,
pero a presentación oral NON pode constituír a simple lectura do devandito material.

Os membros da comisión avaliadora presentarán nun tempo máximo de 15
minutos os seus comentarios e preguntas, as cales deberá contestar, brevemente,
o/a estudante.

Despois da deliberación a porta pechada, e unha vez decidida a cualificación
do TFG (que, segundo se recolle no artigo 7, parágrafo 7, do Regulamento do TFG
da Facultade de Filoloxía e Tradución, deberá ser numérica, de 0 a 10, coa posibilidade de outorgar
matrícula de honra (MH) nas condicións determinadas na normativa), a comisión avaliadora
levantará acta do acto de defensa e entregaralle unha copia á persoa responsable
da materia (para que complete a acta correspondente na secretaría virtual) e outra
á Secretaría do alumnado (cfr. art. 7, parágrafo 9 do Regulamento do TFG da
FFT). No suposto de que a cualificación do TFG sexa a de suspenso, lémbrase que
a comisión avaliadora lles entregará a estudantes e profesorado titor un
informe coas recomendacións oportunas para mellorar o TFG en posteriores avaliacións
(cfr. art. 7, parágrafo 8 do Regulamento do TFG da FFT).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000