Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos tutelados Na redacción e presentación do TFG suxírese que se sigan as seguintes pautas:

-Extensión. O TFG terá unha extensión entre 7000 e 9000 palabras. Deberá ser entregado en formato impreso (3 copias) e en PDF. Recoméndase a impresión do TFG a dobre cara.

-Portada. Haberá de incluír: Grao Universitario en Estudos de Galego e Español / Facultade de Filoloxía e Tradución / Universidade de Vigo (na parte superiro dereita), título completo do TFG, autoría e dirección, mes-ano da presentación (parte inferior).

-Elementos gráficos. As figuras, gráficos, imaxes, táboas, etc. numeraranse correlativamente e virán acompañadas dun título na parte superior (exemplo: “Figura 1: Título da figura”).

-Aspectos ortotipográficos: fonte tipo Baskerville, Candara, Book Antiqua, Garamond (12 pt), interlineado 1.5, aliñación xustificada, marxes 2.5 cm.

-Notas ao pé. As notas terán numeración automática, aparecerán a pé de páxina e estarán no mesmo tipo de letra (10 pt).

-Citas. As citas textuais de ata dúas liñas incluiranse no corpo do texto, marcadas entre comiñas e seguidas pola súa referencia: o apelido do/a autor/a (ou autores/as), o ano de publicación e o número da(s) páxina(s) entre parénteses. Exemplo: corpo do texto “cita textual breve entre comiñas” (Apelido1 e Apelido2, 2007: 121-122). As citas textuais superiores a dúas liñas inseriranse nun parágrafo á parte con sangría esquerda. Na fin da cita, entre parénteses, aparecerán o apelido do/a autor/a (ou autores/as), o ano de publicación e o número da(s) páxina(s). Exemplo: (Apelido1 e Apelido2, 2007: 121-122).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000