Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos tutelados Nos parágrafos que seguen recóllense as pautas de redacción e presentación do TFG.
O TFG terá unha extensión entre 35.000 e 45.000 caracteres, sen espazos e excluídos os anexos, (aproximadamente, entre 7.000 e 9.000 palabras) e axustarase ás seguintes pautas:
-Deberá ser entregado en formato impreso (3 copias) e en PDF. Recoméndase a impresión do TFG a dobre cara.
-Na portada haberá que incluír: Grao Universitario en Estudos de galego e español (Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo), o título completo do traballo, o nome do/a autor/a e do/a director/a.
-A fonte recomendada é Times New Roman (12 pt), o interlineado 1.5, a aliñación xustificada, o tamaño de páxina: DIN-A4, as marxes inferior e superior de 2.5 cm. e as marxes dereita e esquerda (ou interior e exterior) de 3 cm.
-As figuras ou gráficos numeraranse correlativamente e virán acompañadas dun pé cun título explicativo do contido da figura (exemplo: “Figura 1: Título da figura”).
-As táboas numeraranse correlativamente e virán acompañadas dun pé cun título explicativo do contido da táboa (exemplo: “Táboa 1: Título da táboa”).
-As notas terán numeración automática, aparecerán a pé de páxina e estarán en Times New Roman (10 pt).
-As citas textuais de ata dúas liñas incluiranse no corpo do texto, marcadas entre comiñas e seguidas pola súa referencia: o apelido do/a autor/a (ou autores/as), o ano de publicación e o número da(s) páxina(s) entre parénteses. Exemplo: corpo do texto “cita textual breve entre comiñas” (Apelido1 e Apelido2, 2007: 121-122).
-As citas textuais superiores a dúas liñas inseriranse nun parágrafo á parte con sangría esquerda. Na fin da cita, entre parénteses, aparecerán o apelido do/a autor/a (ou autores/as), o ano de publicación e o número da(s) páxina(s) entre parénteses. Exemplo: (Apelido1 e Apelido2, 2007: 121-122).
-Inseriranse no texto as referencias bibliográficas das ideas, estudos ou procedementos en que se apoia o traballo mencionando o/a autor/a (ou autores/as) e o ano de publicación. Exemplos: “Un estudo recente de Autor/a1 e Autor/a2 (ano) demostrou...”, ou “En 2007, Autor/a1 e Autor/a2 demostraron que...”, ou “Un estudo (Autor/a1 e Autor/a2, Ano) demostrou...”.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000