-Introdución/presentación |
Recoméndase que inclúa os seguintes apartados:
-O obxecto de estudo material
-Xustificación do tema elixido
-Revisión crítica de antecedentes
-Obxectivos
-Estrutura do TFM |
-Metodoloxía |
Trátase de responder ao "como", isto é, describir as técnicas e os procedemenos que se levaron a cabo para desenvolver o proxecto. Os materiais utilizados, a perspectiva metodolóxica (cuantitativa, cualitativa, mixta), as técnicas de produción de datos utilizadas, así como todos os aspectos que se considere preciso destacar sobre o procedemento seguido na elaboración do TFG. |
-Conclusións |
As conclusións son fundamentais e nunca deben redactarse como se se tratase dun resumo do traballo. Deben poñerse en relación coa(s) pregunta(s), cos obxectivos e/ou hipóteses propostos. Recoméndase que as conclusións rematen con algunha suxestión de liñas de traballo futuras. |