Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Contidos
Tema Subtema
-Estrutura básica 1. Portada
2. Índices (contidos, táboas, ilustracións, figuras, anexos, etc.)
3. Dedicatorias e agradecementos
4. Resumo e palabras clave
5. Introdución/presentación
6. Marco conceptual
7. Metodoloxía
8. Resultados
9. Conclusións
Bibliografía
Anexos
-Introdución/presentación Recoméndase que inclúa os seguintes apartados:
-O obxecto de estudo material
-Xustificación do tema elixido
-Revisión crítica de antecedentes
-Obxectivos
-Estrutura do TFM
-Marco conceptual Recoméndase que inclúa unha revisión dos conceptos fundamentais e dos argumentos epistemolóxicos que se manexan no TFG.
-Metodoloxía Trátase de responder ao "como", isto é, describir as técnicas e os procedemenos que se levaron a cabo para desenvolver o proxecto. Os materiais utilizados, a perspectiva metodolóxica (cuantitativa, cualitativa, mixta), as técnicas de produción de datos utilizadas, así como todos os aspectos que se considere preciso destacar sobre o procedemento seguido na elaboración do TFG.
-Resultados Descrición clara e interpretación dos resultados obtidos.
-Conclusións As conclusións son fundamentais e nunca deben redactarse como se se tratase dun resumo do traballo. Deben poñerse en relación coa(s) pregunta(s), cos obxectivos e/ou hipóteses propostos. Recoméndase que as conclusións rematen con algunha suxestión de liñas de traballo futuras.
-Bibliografía A bibliografía ha incluír só as referencias citadas no texto. Hai varios modelos válidos para elaborar unha bibliografía. Recoméndase a que recollemos no apartado "Bibliografía. Fontes de Información" desta mesma guía docente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000