Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Crítica literaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a atención e a capacidade para intervir propoñendo ou rebatendo ideas, ou manifestando dúbidas ou dificultades de comprensión. 5
Traballos de aula Cualificarase o resultado final do traballo na aula, a seriedade e a capacidade crítica. Penalízase o plaxio. 25
Presentacións/exposicións Valorarase a seriedade e o uso dunha linguaxe escrupulosamente correcta e precisa. 15
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Valorarase a capacidade crítica e a orixinalidade, e o uso dunha linguaxe correcta e precisa. Penalízase o plaxio. 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Cualificarase o coñecemento da materia, a capacidade crítica, e o uso correcto da linguaxe. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua, o que implica asistencia (ao menos do 80% das clases), participación, e traballos. Se non pode seguir a avaliación continua a alumna/o deberá comunicarllo argumentadamente á profesora.

Se se prevé a imposibilidade de asistencia a clase, deberá comunicalo e xustificalo adecuadamente.

Nos casos de renuncia á avaliación continua, o alumnado será avaliado mediante proba única, que se celebrará ao final do cuadrimestre fóra do horario de aulas. A proba constará de preguntas e exercicios sobre os contidos do programa.

A mesma estrutura terá a proba na segunda edición de actas (xullo).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000