Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Textos canónicos da literatura galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula A partir da sesión maxistral, o alumnado deberá debater sobre o tema e presentar as súas opinións.
Será imprescindible a asistencia ás aulas para a realización destes traballos.
10
Traballos tutelados A profesora proporá no inicio do cuadrimestre a elaboración de un ou dous traballos sobre os temas estudados.
A avaliación destes traballos farase en conxunto cos traballos persoais.
15
Sesión maxistral Farase mediante a exposición dos datos teóricos dos temas en relación ó sistema literario galego e á sociedade da etapa histórica na que se publicase a obra analizada.
A asistencia será avaliada.
20
Probas de resposta curta Ó longo do cuadrimestre, o profesor fará probas curtas sobre os temas estudados para comprobar o rendemento do traballo desenvolto. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Estas probas serán para aqueles/as alumnos/as que non acadasen unha cualificación suficiente cos seus traballos de aula e os tutelados.
Mais todo o alumnado poderá presentarse a elas.
20
Traballos e proxectos Estes traballos son complementarios dos tutelados e comparten a cualificación. 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os discentes teñen que elixir ó comezo do curso entre un sistema de avaliación continua ou de avaliación única.

A porcentaxe de presencialidade obrigatoria na avaliación continua é do 80%.

A avaliación única para os discentes que así o elixan ou para os que incumpran as condicións esixidas para a avaliación continua consistirá nun exame (70%), que se realizará na última semana do curso, e nun traballo (30%).

Na avaliación de xullo tódolos discentes deberán facer o exame na data oficial proposta pola facultade e entregar o traballo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000