Código |
Descrición |
A6 |
Argumentar os temas e os textos obxecto de estudo de acordo coas convencións académicas, achegando probas e servíndose dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente dos orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao. |
A8 |
Formular razoamentos críticos nos ámbitos de estudo lingüístico e literario a fin de adquirir métodos sólidos de análise, que transcendan a simple aproximación intuitiva ás linguas e aos textos obxecto de estudo. |
A9 |
Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais en español e en galego, formulando hipóteses cunha metodoloxía apropiada para transmitir ideas eficaces, de acordo coas convencións académicas, e argumentando os razoamentos expostos. |
B3 |
Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre os temas destacados de índole social, científica ou ética. |
B5 |
Que o alumnado desenvolvese aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |