Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Literatura latina
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios A participación dos alumnos nos seminarios, sempre que indique unha axeitada integración de coñecementos e de argumentación propia. 20 C7
C8
C9
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Haberá dous exames "teóricos": un "parcial", sobre a primeira metade da materia, e outro sobre a totalidade dela. Serán preguntas abertas, nas que o alumno deberá integrar coñecementos de distintos temas. O exame parcial servirá ós alumnos, sobre todo, para familiarizarse co tipo de proba (ademais, loxicamente, de para reflexionar e madurar os coñecementos), e a súa cualificación só será tida en conta polo profesor se o resultado da proba final é inferior ó doble do parcial (nese caso, a nota do parcial será o 50% da puntuación neste apartado, e o 50% restante será o 50% da nota do exame final) 40 C3
C6
C8
C9
Probas de resposta curta Haberá varias pequenas probas de resposta curta (aproximadamente unha por semana) sobre as lecturas correspondentes. O procedemento é acumulativo, pois cada proba preguntará sobre todas as lecturas realizadas ata o momento. Pódense considerar todas estas probas como diferentes etapas dunha única proba, que pretende comprobar se os alumnos realizaron efectivamente todas as lecturas. En principio, a puntuación das últimas probas é moito máis indicativa que a das primeiras (pois son moitas máis as lecturas avaliadas). 40 C3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos semipresenciais, ou aqueles que non poidan asistir a clases por motivos xustificados, serán avaliados exclusivamente polas probas escritas (ó 50%).
Na proba de xullo, os alumnos que teñan unha boa cualificación nun dos apartados, poden conservar esta parte da puntuación e examinarse só daqueles apartados con peor cualificación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000