Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  As escritoras da historia literaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula O alumnado presenta o resultado obtido na elaboración de documentos sobre a temática da materia ou desenvolve actividades prácticas sobre as lecturas da mesma. Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita. 20 A3
C4
C9
C11
C12
D3
Traballos tutelados O alumnado presentará o resultado obtido nos traballos ou proxectos propostos (recollida de información, manexo de bibliografía, resumos críticos, etc.). 20 A3
A5
C2
C9
C11
C12
D3
D5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos sobre a materia nunha resposta extensa. 30 A3
C2
C4
C9
C11
C12
D5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos. O alumnado debe dar resposta á actividade formulada aplicando os coñecementos teóricos e amosando a súa capacidade crítica e analítica 30 A3
C2
C4
C9
C11
C12
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación da materia:

1. Avaliación continua (asistencia ás clases do 80%):

-A nota final da convocatoria de maio resultará da suma das cualificacións das exposicións na aula, o traballo tutelado e un exame, na última semana das clases, que constará dunha proba práctica e probas de resposta longa. O valor, en porcentaxe, de traballos e probas aparece na Guía ao lado da descrición destas.

Tendo en conta que se trata dunha avaliación continua e que, polo tanto, ao final do cuadrimestre o alumnado terá que demostrar as competencias adquiridas, para facer media coa cualificación de traballos e proxectos a nota do exame terá que alcanzar o aprobado.

Será requisito para aprobar cada unha destas actividades a correcta expresión oral e escrita, o que significa: uso pertinente dos signos de puntuación, corrección ortográfica, orde e claridade na exposición, rigor e redacción persoal. Evitarase, por suposto, no caso dos traballos, a reprodución de palabras e ideas alleas sen indicar a súa procedencia; de se producir este feito, o traballo será invalidado.

-A nota da convocatoria de xullo resultará dun exame (na data fixada pola Facultade) consistente en probas de resposta longa e probas prácticas. Os requisitos anteriores son igualmente procedentes nesta convocatoria.

2. Avaliación única:

-As alumnas e alumnos que non poidan asistir ás clases e, en consecuencia, non poidan elixir o procedemento de avaliación continua, terán que realizar, ademais do exame (coincidente en data co da avaliación continua), un traballo cuxo tema e prazos a profesora lles indicará ao longo do cuadrimestre. Por esta razón, é imprescindible que se poñan en contacto con ela. Neste tipo de avaliación, o valor do traballo será do 30% e o valor do exame do 70%, tendo que aprobarse este para sumar a nota do traballo.

Proceden igualmente, para aprobar, os requisitos indicados no apartado anterior.

-A nota da convocatoria de xullo resultará dun exame (na data fixada pola Facultade) consistente en probas de resposta longa e probas prácticas. 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000