Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  As escritoras da historia literaria
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Eventos docentes e/ou divulgativos Conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas ou debates que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Seminarios Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permitan afondar ou complementar contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas.
Traballos de aula O alumnado desenvolverá exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados De maneira individual ou en grupo, o alumnado elaborará un documento sobre temas da materia, ou ben preparará seminarios, memorias, ensaios, lecturas, etc.
Titoría en grupo Entrevistas que o alumnado mantén co profesorado para asesoramento e desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe, así como debates en grupo sobre problemas ou cuestións concretas da materia.
Proxectos En liñas xerais, trátase dunha actividade autónoma do alumnado que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, organización de materiais, redacción,etc.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos da materia, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000