Traballos de aula |
A participación e comentarios realizados nas sesións pertinentes serán obxecto de avaliación |
10 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
As competencias adquiridas na materia serán avaliadas no seu conxunto cunha proba escrita que inclúa o comentario de textos. |
60 |
Os discentes teñen que elixir ó comezo do curso entre un sistema de avaliación continua ou de avaliación única. A porcentaxe de presencialidade obrigatoria na avaliación continua é do 80%. A avaliación única para os discentes que así o elixan ou para os que incumpran as condicións esixidas para a avaliación continua consistirá nun exame (70%), que se realizará na última semana do curso, e nun traballo (30%). Na avaliación de xullo tódolos discentes deberán facer o exame na data oficial proposta pola facultade e entregar o traballo. |