Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Dialectoloxía do galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición das liñas de traballo, comentarios sobre a bibliografía recomendable (xeral e específica), desenvolvemento teórico dos temas.
Traballos tutelados O alumno deberá realizar tres traballos ao longo do curso, dous prácticos (sobre unha gravación dialectal) e un teórico (sobre un aspecto dialectal moi concreto).
Resolución de problemas e/ou exercicios Comentarios de textos e gravacións dialectais.
Prácticas externas Prácticas sobre presenza/ausencia de dialectalismos nos medios audiovisuais galegos.
Foros de discusión Sobre permisividade e consideración social de determinados trazos dialectais e sobre dialectoloxía léxica.
Saídas de estudo/prácticas de campo Saídas de campo ás zonas do galego exterior (Ancares, Courel, Eo-Navia, As Portelas e Val do Ellas) para realizar gravacións e facer prácticas de campo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000