Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingua de signos española
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Outros comentarios e avaliación de Xuño e Xullo • Non se poderá obter a cualificación de aprobado se além de a) ter feito a presentación oral na aula b) ter entregado na data o traballo tutelado escrito, non se apresenta un portafolio final docente que contenga o a) biografía académica, o b) autoevaluación da aprendizaxe • A entrega do traballo tutelado programarase para a primeira semana de febreiro. • As presentacións orais terán lugar última semana de marzo. • As partes da avaliación definidas como "participación en debates", "exercicios, actividades e problemas" deberán entregarse na semana seguinte à que forana presentados na aula. • As alumnas e alumnos, tanto de réxime presencial como semipresencial, que non alcancen o aprobado en maio co sistema arriba exposto poderán presentarse a exame no mes de xuño . O día do exame deberán facer entrega do portafolio, do traballo tutelado e realizar unha presentación oral. O alumnado que non alcance o aprobado en xuño poderá presentarse a exame en xullo, na data oficial correspondente, nas mesmas condicións que rexen para o exame de xuño. • Penalizaranse os erros de expresión (ortografía, puntuación, incoherencias sintácticas, uso inadecuado do léxico, etc.). No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta non se puntuará. • O alumnado erasmus interesado en cursar a materia deberá ter presente que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua española igual ou superior a B2. • O alumnado que se atope no caso de ter aprobadas parte das probas poderá conservar as cualificacións desas partes, previo acordo coas profesoras, nas oportunidades de xuño e xullo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000