Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingua de signos española
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Debates Participación nos debates propostos polas docentes ou polos compañeiros da clase.
Avaliarase a presentación didáctica, a participación activa e a argumentación axeitada non so do alumno director do debate senón tambén as contribucións ao debate dos compañeiros presentes.
20
Presentacións/exposicións Os alumnos terán que facer presentacións vencelladas aos debates e presentacións con análise dos contidos de lecturas feitas polos alumnos.
Deberán:
1. Mostrar a súa aprendizaxe individual por medio de textos escritos e de presentacións orais breves e semidirixidas.
2. Expor de forma didáctica polo menos dous subtemas do temario.
3. Responder ás preguntas dos compañeiros e das profesoras.
50
Traballos de aula Avaliarase a asistencia as aulas e a participación activa nas tarefas propostas. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Co gallo de mostrar os seus avances en aprendizaxe significativa e reflexiva, os alumnos deberán presentar un portafolio final coas súas mellores tarefas e a descripción do proceso de aprendizaxe fóra da aula (diario de aprendizaxe).
Valorarase que teñan todas as actividades feitas (80%), a redacción (10%) e a reflexión sobre a aprendizaxe (10%)
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua. Os alumnos teñen que asistir, alomenos, ao 80% das aulas para a modalidade presencial.

A non entrega de todas as actividades propostas polas profesoras impedirá que os alumnos poidan acollerse á avaliación continua.

2ª edición das actas

os alumnos que non se acollan á avaliación continua terán dereito a unha proba final na data oficial establecida polo centro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000