Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Prácticas de gramática contrastiva
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula A avaliación realizarase de xeito continuado ao longo do curso. Teranse en conta a iniciativa e o grao de participación dos alumnos na clase, así como a realización das prácticas propostas, que deberán entregarlle ao profesor cando as solicite. Realizaranse dúas probas durante o curso para avaliar o traballo e a competencia de cada alumno. 40 A2
A3
A4
A5
Traballos tutelados Tradución dos catro textos citados no apartado 5. Ademais da adecuación das traducións, é indispensable a corrección formal dos textos: redacción, puntuación, ortografía, léxico, tipografía. Póñase especial atención en evita-los falsos amigos e os erros morfolóxicos e sintácticos. 30 C13
D2
D5
Probas de resposta curta Cada mes avaliaranse os contidos teórico-prácticos explicados na aula. 30 A2
A4
C7
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos deberán escoller a principio de curso ou un sistema de avaliación continua ou un sistema de avaliación única. A avaliación única consistirá nun exame de tódolos contidos da materia (100%) que se realizará na última semana de clases (as clases acaban o 8 de maio de 2015). A avaliación continua precisa dun 80% de asistencia obrigatoria ás clases. Na convocatoria de xullo os alumnos deberán presentarse a un único exame.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000