Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Prácticas de gramática contrastiva
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Avaliaranse os traballos que se propoñan en cada apartado dos contidos. 40
Probas de resposta curta Cada mes avaliaranse os contidos teórico-prácticos explicados na aula. 40
Traballos e proxectos Cada alumna ou alumno deberá presentar un traballo, sobre un tema proposto na aula, para entregar na última semana de aulas. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá escoller a principio de curso ou un sistema de avaliación continua ou un sistema de avaliación única. A avaliación única consistirá nun exame de todos os contidos da materia (100%) que se realizará na última semana de clases. A avaliación continua precisa dun 80% de asistencia obrigatoria ás clases.

Na convocatoria de xullo o alumnado deberá presentarse a un único exame.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000