Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Prácticas de gramática contrastiva
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos de aula As clases serán eminentemente prácticas, coa análise e construción de textos e con exercicios sobre os aspectos problemáticos en ámbalas dúas linguas.
Outros Durante o período de traballo autónomo sen docencia, os alumnos deberán ler e resumir 10 artigos dos contidos nos libros de Lázaro Carreter El dardo en la palabra, Ed. Galaxia Gutenberg. España 1997 ou de El nuevo dardo en la palabra, Ed. Alianza, 2005. Outros 10 do libro de Xusto Rodríguez. Río (2008) Un idioma preciso. Extractos de lingua en movemento. Santiago, 2.0 Editora. Entregarán os resumos ó profesor, que os devolverá corrixidos.
Traballos tutelados Antes do día 1 de maio do ano 2016, cada alumno deberá entregar, preparados como para editar, dous textos breves galegos traducidos ó castelán e mais outros dous casteláns traducidos ó galego (coma tal, artigos de xornal ou revista). Coas traducións entregará o orixinal ou unha fotocopia dos textos traducidos. O profesor suxerirá cales serán eses textos ou dará a aprobación previa ós que o alumno propoña.
Sesión maxistral Unha hora semanal estará dedicada á exposición teórica dos aspectos máis problemáticos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000