Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Prácticas de gramática contrastiva
   Competencias de titulación
Código Descrición
A4 Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüística e literario
A5 Dispoñer dos coñecementos necesarios para a comprensión, análise, desenvolvemento, avaliación e aproveitamento dos recursos lingüísticos e literarios para o futuro profesional
A7 Participar en debates e actividades de grupo, e organizalos desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico con respecto ás posicións alleas e á tolerancia cara á diversidade social e cultural que se expresa nas linguas e literaturas en cuestión.
A8 Formular razoamentos críticos nos ámbitos de estudo lingüístico e literario a fin de adquirir métodos sólidos de análise, que transcendan a simple aproximación intuitiva ás linguas e aos textos obxecto de estudo.
A9 Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais en español e en galego, formulando hipóteses cunha metodoloxía apropiada para transmitir ideas eficaces, de acordo coas convencións académicas, e argumentando os razoamentos expostos.
A13 Ser competente para utilizar as novas tecnoloxías como recurso metodolóxico, de investigación, didáctico e de comunicación
B2 Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou a súa vocación dunha forma profesional, e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B5 Que o alumnado desenvolvese aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000