Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  O español e o galego como segundas linguas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Trala presentación dos contidos básicos sobre o tema, plantearanse traballos e proxectos realizados de forma autónoma que se centrarán en actividades relacionadas directa ou indirectamente con cada un dos temas do temario. 15
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Resolución de problemas ou exercicios propostos polo profesor ou os alumnos no transcurso das clases. 10
Debates Os temas dos debates serán extraídos das lecturas ou vídeos programados para cada sesión.
20
Cartafol/dossier Cada alumno deberá presentar un portafolio da materia onde recollerá non só as mostras dos seus proxectos, tarefas e traballos realizados durante o proceso de formación xunto coas súas reflexións sobre o proceso de aprendizaxe e a súa autoevaluación. 30
Traballos e proxectos Os estudantes presentarán de forma individual e oral os resultados da elaboración dun documento sobre un dos temas. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Aqueles alumnos que non superen a proba no primeiro intento ou non poidan seguir as clases de forma continuada  para superar a materia poderán optar por un exame.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000