Exposición por parte da profesora dos contidos básicos sobre o tema de cada sesión e as lecturas dos debates. En ocasións os materiais poden ser de carácter escrito ou audiovisual e tanto poden ser presentados na clase como grabados previamente.
Prácticum
Co fin de por en practica os coñecementos adquiridos crearanse na aula dous ou mais grupos- Unha parte do alumnado serán profesores e outros alumnos. Os alumnos serán preferentemente os colegas estranxeiros.
Debates
Os temas dos debates serán extraídos das lecturas programadas para cada sesión. Para participar nos debates o alumno deberá enviar mostras de ter efectuado as lecturas.