Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Obradoiro de produción de textos literarios
   Competencias
Código Descrición
A1 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A5 Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C1 Dominar a comunicación cos e coas falantes das linguas de estudo no grao, en diferentes contextos sociais, profesionais e culturais, desenvolvendo a capacidade de comprensión e expresión oral e escrita, con tolerancia cara á diversidade social e cultural como resultado de defender os dereitos fundamentais de igualdade social, de xénero, de raza e de orientación sexual, e os valores propios da democracia e a cultura da paz.
C5 Dispoñer dos coñecementos necesarios para a comprensión, análise, desenvolvemento, avaliación e aproveitamento dos recursos lingüísticos e literarios para o futuro profesional
C9 Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais en español e en galego, formulando hipóteses cunha metodoloxía apropiada para transmitir ideas eficaces, de acordo coas convencións académicas, e argumentando os razoamentos expostos.
D2 Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou a súa vocación dunha forma profesional, e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
D4 Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000