Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Literatura e cine
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Nestas clases presentaranse os aspectos teóricos da materia (case sempre sobre o visionado de secuencias fílmicas), facendo especial énfase naqueles aspectos que resulten máis complexos ou de maior dificultade de comprensión.
Recoméndase ao alumno a lectura previa da bibliografía recomendada para cada un dos temas teóricos.
A asistencia a clase é obrigatoria. A ausencia na aula deberá ser convenientemente xustificada
Traballos de aula Unha vez proporcionada a información teórica, dedicaranse un número de horas semellante á aplicación práctica sobre textos fílmicos dos coñecementos adquiridos. A aplicación farase sempre despois do visionado dunha secuencia, escena ou filme.
Estes traballos realizaranse en grupo, coa axuda do profesor (o tamaño do grupo dependerá dos alumnos matriculados na materia).
Presentacións/exposicións Como mínimo duas veces no trimestre cada grupo terá que expoñer o resultado do seu traballo na aula. A calidade (tanto do contido como da forma) da exposición será tida en conta na avaliación final
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000