Traballos de aula |
Unha vez proporcionada a información teórica, dedicaranse un número de horas semellante á aplicación práctica sobre textos fílmicos dos coñecementos adquiridos. A aplicación farase sempre despois do visionado dunha secuencia, escena ou filme.
Estes traballos realizaranse en grupo, coa axuda do profesor (o tamaño do grupo dependerá dos alumnos matriculados na materia).
As exposicións posteriores a que dean lugar serán tidas en conta na avaliación final. |
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Polo menos unha vez no cuadrimestre, cada alumno deberá realizar un traballo escrito sobre algún dos temas tratados na aula.
Estes traballos serán obrigatorios para a avaliación final |