Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Literatura e cine
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Nestas clases presentaranse os aspectos teóricos da materia (case sempre sobre o visionado de secuencias fílmicas), facendo especial énfase naqueles aspectos que resulten máis complexos ou de maior dificultade de comprensión.
Recoméndase ao alumno a lectura previa da bibliografía recomendada para cada un dos temas teóricos.
A asistencia a clase é obrigatoria. A ausencia na aula deberá ser convenientemente xustificada
Traballos de aula Unha vez proporcionada a información teórica, dedicaranse un número de horas semellante á aplicación práctica sobre textos fílmicos dos coñecementos adquiridos. A aplicación farase sempre despois do visionado dunha secuencia, escena ou filme.
Estes traballos realizaranse en grupo, coa axuda do profesor (o tamaño do grupo dependerá dos alumnos matriculados na materia).
As exposicións posteriores a que dean lugar serán tidas en conta na avaliación final.
Presentacións/exposicións Os traballos de aula serán expostos polo grupo de alumnos que os elaboraron (cada grupo exporá o seu traballo polo menos unha vez no cuadrimestre).
A exposición será oral e prestarase especial atención ao modo de expresión.
Estas exposicións teranse en conta na avaliación final.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Polo menos unha vez no cuadrimestre, cada alumno deberá realizar un traballo escrito sobre algún dos temas tratados na aula.
Estes traballos serán obrigatorios para a avaliación final
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000