Sesión maxistral |
O profesor explicará os contidos esenciais de cada un dos temas, aclarando os conceptos-clave da
materia e orientando ao alumnado sobre cales dos contidos das lecturas relacionadas (ver Traballos
tutelados) son fundamentais e cales secundarios. Para seguir as clases o alumnado disporá, con cada
Tema, dun Guión detallado dos contidos, así coma, no seu caso, da lectura acompañante
correspondente |
10 |
Traballos tutelados |
Avaliase a calidade dos traballos de curso propostos, tendo en conta a competencia do alumnado no relativo á reflexión sobre conceptos teóricos e ao dominio das técnicas e mecanismos formais de redacción e exposición oral. |
40 |
Probas de resposta curta |
Realización de probas escritas específicas nas que se demostre coñecementos conceptuais. |
20 |
Prevense dúas posibilidades de avaliación: continua e única. A primeira, recomendada para todo o alumnado, prevé as actividades que se describen na táboa anterior. O alumnado que decida non acollerse a este tipo de avaliación fará un exame global de toda a materia, que coincidirá cunha hora de clase da derradeira semana do cuadrimestre. Ao principio de curso debe escollerse o sistema a seguir. Todo o alumnado que non supere a materia satisfactoriamente ao final do cuadrimestre terá unha segunda oportunidade na convocatoria final do mes de xullo. Tanto para os que opten pola avaliación continua coma para os que elixan avaliación única, esta segunda oportunidade constará dunha proba escrita sobre os contidos da materia, cunha parte conceptual e outra de razoamento e argumentación. Para os de avaliación continua non se terán en conta as cualificacións parciais obtidas durante o curso. Agárdase de todo o alumnado o máximo rigor no respecto ás normas éticas do traballo. No caso de detectárense prácticas de copia e/ou plaxio, a penalización poderá supoñer o suspenso da materia. |