Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingüística, comunicación e cognición
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión encamiñada a tomar contacto e a reunir información sobre o alumnado, avaliar o punto de partida e presentar a materia.
Sesión maxistral Sesións destinadas a explicar os contidos teóricos e os fundamentos metodolóxicos esenciais de cada un dos temas, aclarando os conceptos-clave da materia.

Traballos tutelados Realización dos traballos individuais que se propoñan durante o curso seguindo as indicacións da profesora
Debates Sesións prácticas destinadas a promover un foro de discusión para contrastar argumentos sobre
unha temática previamente sinalada nas sesións teóricas. Cada sesión terá como base unha
lectura básica, común para todo o alumnado
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade práctica na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000