Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Edición de textos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados O traballo consistirá na edición crítica dun pequeno texto medieval. 60 A3
A5
C4
C5
C9
C13
Estudo de casos/análises de situacións Valorarase a argumentación razoada nas análises e estudos de casos concretos que se proporán sobre distintos aspectos da materia. 20 A3
C6
C7
C8
D2
D3
D4
D5
Traballos de aula Prácticas sobre aspectos concretos relacionados coa materia que se estea dando. 20 A3
A5
C4
C5
C6
C7
C8
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira edición das actas haberá dous procedementos de avaliación.

1. Avaliación continua. Só para os alumnos que asistan regularmente ás aulas  e participen das actividades propostas.

Por tratarse dunha materia de eminente carácter práctico, valorarase a intervención atinada do alumnado, tanto nos debates coma nos estudos de caso e outros traballos que se propoñan.

2. Avaliación única. Para os alumnos que non asistan regularmente ás aulas ou que aínda asistindo escollan esta modalidade, haberá dúas probas de avaliación:

a. Un traballo de edición crítica dun texto, que se asignará ao comezar o cuadrimestre e deberá ser entregado na segunda semana de xaneiro (50% da nota). É responsabilidade co alumnado contactar co profesor para marcar o tema do traballo.

b. Un exame teórico e práctico de lectura de manuscritos e de edición de textos que se realizará na segunda semana de xaneiro (50% da nota).

Na segunda edición das actas (xullo) haberá dúas probas de avaliación:

a. Un traballo de edición crítica dun texto, que deberá ser solicitado ao profesor con antelación suficiente (un mes como mínimo) (50% da nota). É responsabilidade co alumnado contactar co profesor para marcar o tema do traballo.

b. Un exame teórico e práctico de lectura de manuscritos e de edición de textos (50% da nota).

OBS: Tanto na avaliación única coma na convocatoria de xullo deberán ser superadas ambas as probas, traballo e exame, para poder aprobar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000