Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Edición de textos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo consistirá na edición crítica dun pequeno texto medieval. 50
Estudo de casos/análises de situacións Valorarase a argumentación razoada nas análises e estudos de casos concretos que se proporán sobre distintos aspectos da materia. 20
Debates Debate en rede ou na aula sobre algún punto conflitivo do temario. 15
Traballos de aula
<br><br> Prácticas sobre aspectos concretos relacionados coa materia que se estea dando.
15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira edición das actas haberá dous procedementos de avaliación.

1. Avaliación continua. Só para os alumnos que asistan regularmente ás aulas (80%) e participen das actividades propostas.

Por tratarse dunha materia de eminente carácter práctico, valorarase a intervención atinada do alumnado, tanto nos debates coma nos estudos de caso e outros traballos que se propoñan.

2. Avaliación única. Para os alumnos que non asistan regularmente ás aulas ou que aínda asistindo escollan esta modalidade, haberá dúas probas de avaliación:

a. Un traballo de edición crítica dun texto, que se asignará ao comezar o cuadrimestre e deberá ser entregado na segunda semana de xaneiro (50% da nota).

b. Un exame teórico e práctico de lectura de manuscritos e de edición de textos que se realizará na segunda semana de xaneiro (50% da nota).

Na segunda edición das actas (xullo) haberá dúas probas de avaliación:

a. Un traballo de edición crítica dun texto, que deberá ser solicitado ao profesor con antelación suficiente (un mes como mínimo) (50% da nota).

b. Un exame teórico e práctico de lectura de manuscritos e de edición de textos (50% da nota).

OBS: Tanto na avaliación única coma na convocatoria de xullo deberán ser superadas ambas as probas, traballo e exame, para poder aprobar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000