Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  O español coloquial e as súas variedades
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios A preparación dos exercicios, así como a asistencia, as intervencións na aula, para participar na discusión, e a resolución destes serán valoradas. 30 A2
A5
D3
Traballos e proxectos O alumnado terá que realizar un traballo no que se poñan en práctica os coñecementos teóricos adquiridos. 70 A2
A5
C8
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado estranxeiro de intercambio (Erasmus, Sócrates...) seguirá os mesmos sistemas de avaliación que o alumnado
propio. Esixiraselles que teñan un nivel C1 de español. Na 1ª edición das actas os/as alumnos e alumnas poderán elixir entre a avaliación continua e a avaliación única. De
optaren pola avaliación única, terán ata a terceira semana do curso para comunicar esta decisión á profesora por
correo electrónico. De non efectuarse dita notificación entenderase que se segue a avaliación continua. Por outro lado, o
dereito á avaliación continua perderase se non se asiste a un mínimo do 80% de las clases, é dicir, só serán avaliados con
este sistema os alumnos e as alumnas que asistiran a 38 horas ou máis de clase.
Tamén se perderá o dereito á avaliación continua se non se realizan os exercicios prácticos e o traballo final fixados pola profesora.
Pola súa parte, a avaliación única consistirá nun único exame realizado na data oficial marcada pola Facultade de
Filoloxía e Tradución. O alumnado que non cumpla con estos requisitos perderá os seus dereitos de avaliación continua e, do mesmo xeito que o alumnado
presencial, terá que acollerse ao réxime de avaliación única (exame final) na data oficial fixada pola Facultade de
Filoloxía e Tradución. Na 2ª edición das actas, do mesmo xeito que na avaliación única, o alumnado realizará un único exame na data oficial
establecida pola Facultade.
A resolución de problemas, exercicios, lecturas, probas autónomas a través de TIC, realizarase a medida que avancen as clases
maxistrais. Farase unha presentación/exposición individual na que se demostre a capacidade do alumno para analizar un texto coloquial. A entrega e exposición deste farase na semana do período de exames, fixada no calendario aprobado pola
Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000