Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  O español coloquial e as súas variedades
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios A preparación dos exercicios, así como a asistencia, as intervencións na aula, para participar na discusión, e a resolución destes serán valoradas. 30 A2
A5
D3
Traballos e proxectos O alumnado terá que realizar un traballo no que se poñan en práctica os coñecementos teóricos adquiridos. 75 A2
A5
C8
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que desexe acollerse á avaliación continua ECTS deberá asistir polo menos ao 80% das clases presenciais -teóricas e prácticas-. Para superar a materia, deberá realizar todos os traballos estipulados pola profesora. As prácticas, exercicios propostos e o traballo terán que ser entregados na data establecida. Fóra dese prazo non serán admitidos.

No caso de que non poidan asistir por causas xustificadas deberán falar coa profesora durante os 15 primeros días do curso.

O alumnado estranxeiro de intercambio (Erasmus, Sócrates...) seguirá os mesmos sistemas de avaliación que o alumnado propio.

Tanto nos traballos e actividades que realicen como no exame penalizaranse as faltas de ortografía.

O alumnado terá que facer un exame dos primeiros capítulos do libro de Antonio Briz El español coloquial en la conversación (referencia completa en la bibliografía).

O alumnado que non cumpra os requisitos da avaliación continua, que opte pola avaliación única e na 2ª edición das actas, realizará un único exame nas datas oficiais establecidas pola Facultade (xullo). Este consistrá nun exame sobre a materia dada e presentada no programa da asignatura.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000