Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Comunicación nos medios (en español e galego)
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Nestes traballos trátase de poñer a proba a competencia en lingua escrita do alumnado e a súa capacidade para xestionar grandes traballos e proxectos. Os traballos tutelados estarán dirixidos a través das titorías e horas adicionais de atención personalizada concertadas cos discentes. O obxectivo será avaliar os recursos para a redacción formal, a capacidade analítica e a xestión do traballo. A temática e as características formais dos traballos constarán nun documento de indicacións que será entregado nas dúas primeiras semanas do curso. 30 A1
A2
Debates A finalidade dos debates será activar a reflexión crítica por parte dos alumnos e alumnas. Tamén será importante para mellorar as estratexias comunicativas orais, sobre todo no relativo á construción de argumentacións sólidas. Serán propostos catro debates cunha duración prevista dunha hora cada un. Os temas se plantearán nas sesións maxistrais con antelación suficiente para que os discentes poidan preparalos adecuadamente. 15 C7
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consistirá nun exame no que terán cabida preguntas de carácter teórico e de tipo práctico. Esta proba terá en conta todos os temas recollidos no temario e impartidos durante o curso. 55 A1
A2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (Maio-xuño)

Avaliación continua

É obrigatorio realizar e entregar no prazo estabelecido o traballo escrito e participar nos debates propostos. Os traballos non entregados ou entregados fóra de prazo non se avaliarán.

A cualificación na primeira edición de actas dos alumnos e alumnas que opten pola avaliación continua corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso.

Avaliación única

A avaliación realizarase mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, no que a nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data fixada no calendiario oficial de exames da FFT. 

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo)

Na segunda edición de actas a avaliación levarase a cabo exclusivamente mediante un exame único, baseado nos contidos da materia. Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Os alumnos e alumnas que non acadasen o aprobado na modalidade de avaliación continua e que se presenten nesta oportunidade de xullo deben ter en conta que non se gardarán en ningún caso as notas do traballo escrito e dos debates.

3. OUTRAS OBSERVACIÓNS

Os estudantes Erasmus poderán realizar as probas coa axuda dun dicionario.

Tanto no exame coma no traballo escrito e no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. con ata 0,25 puntos por cada falta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000