1ª edición das actas O alumnado poderá escoller entre
dous sistemas de avaliación, continua e única. Deberá confirmar explicitamente por cal das dúas opta nas dúas semanas iniciais do cuadrimestre. a) Avaliación continua: condicións É condición indispensable para ter dereito a ser avaliada/o nesta modalidade asistir a un 80% das clases, como mínimo. Unha ausencia da aula durante 15 minutos ou máis equivale á 'non asistencia' a esa sesión. Estas condicións non serán modificadas baixo ningún concepto. Para poder entrar nesta modalidade é condición sine qua non terse presentado ou ter entregado polo menos unha das actividades correspondentes ás catro metodoloxías de avaliación: traballo(s) tutelado(s), resolución de problemas, exposición oral e proba de desenvolvemento. Isto é, non será avaliada/o quen non se someta á avaliación dalgunha das catro metodoloxías descritas nesta páxina. Non se poderá renunciar á
avaliación continua, unha vez escollida, agás por causas excepcionais e
xustificadas.
O incumprimento das condicións da
avaliación continua (asistencia etc.) implicará o paso automático á avaliación única. Os aspectos avaliados son os que aparecen
nesta páxina por un valor do 100% da nota. Tanto nas probas como no resto
dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. con 0,20 puntos por
cada falta. Isto é válido tanto para o galego como para o español. O plaxio ou a copia suporá a non cualificación do
exercicio, traballo, práctica etc. b) Avaliación única: condicións A cualificación na modalidade de avaliación única repartiráse do xeito seguinte: -Presentación do(s) traballo(s) tutelado(s) que sexa(n) establecido(s) durante o curso, sobre cuestións establecidas pola docente no marco do traballado na materia: 40% -Exposición oral: 20% -Proba escrita de resposta longa, de desenvolvemento (exame): 40% Convocatoria de xullo -Presentación do(s) traballo(s) tutelado(s) que fose(n)
establecido(s) durante o curso, sobre cuestións establecidas pola
docente no marco do traballado na materia: 40% -Exposición oral: 20% -Proba escrita de resposta longa, de desenvolvemento: 40% |