Traballos tutelados |
O alumnado presentará individualmente e/ou en grupo os traballos propostos polo docente.
A través destes traballos tratarase de poñer a proba a competencia en lingua escrita do alumnado e a súa capacidade para identificar e analizar tanto as características como os recursos de modalización dos textos científico-técnicos (divulgativos ou de investigación).
Avaliaranse os resultados (estrutura, adecuación, coherencia, cohesión) e a calidade lingüística da redacción. |
Presentacións/exposicións |
Actividade práctica. O alumnado, individualmente ou por parellas, deberá levar a cabo na aula unha exposición oral dun tema do ámbito científico-técnico. Paralelamente á exposición, deberá presentar o guión desa presentación e someterse ás posibles preguntas posteriores (do resto do alumnado e do docente).
A elección do tema será acordada co docente, nas primeiras semanas do cuadrimestre. O docente será o responsable último do establecemento do tema. |