Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Literatura hispanoamericana: Poesía e teatro
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudos/actividades previos Valorarase a lectura crítica previa dos textos tratados. Realización de fichas de lectura. 10 C7
C8
Traballos de aula Valorarase a realización en grupo de comentarios de textos traballados na aula. 10 C7
C8
D4
Prácticas autónomas a través de TIC Valorarase a consulta e volcado do realizado na aula na plataforma FAITIC. 10 A2
D4
Sesión maxistral Valorarase a participación en clase. 10 C7
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dunha proba conformada por unha pregunta teórica do temario e un comentario de texto dun fragmento das lecturas obrigatorias. 60 A2
A3
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua: 

A asistencia (80%) é requisito para a avaliación continua. Serán valoradas, coa porcentaxe indicados, as diferentes probas sinaladas arriba. A realización do exame escrito terá lugar ao final do cuadrimestre coincidindo coa data oficial fixada pola Facultade para a avaliación única. 

Avaliación única:

1ª convocatoria (maio): terá lugar ao final do cuadrimestre na data oficial fixada pola Facultade.

2ª convocatoria (xullo): terá lugar na data oficial fixada pola Facultade.

A opción de avaliación única non exime da realización dun traballo tutelado. Por iso, é conveniente que, nalgún momento próximo ao comezo do cuadrimestre, o alumnado que opte por este tipo de avaliación póñase en contacto coas profesoras.


En caso de avaliación negativa , o alumnado deberá presentarse na convocatoria de xullo a un exame sobre a totalidade do temario consistente nunha pregunta teórica e a realización de dous comentarios: un poético e outro dramático.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000