Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Literatura española dos séculos XVIII e XIX
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Reflexión sobre as lecturas. Comentarios de texto. Controis de lectura. 40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Unha ou varias preguntas que demostren a asimilación específica de contidos, a capacidade de síntese e a comprensión global dos movementos estéticos que se abordan na materia. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Superar favorablemente todos os controis de lectura dos títulos obrigatorios será requisito imprescindible para ter dereito á avaliación continua. Quere isto dicir que o alumnado que non acuda a clase os días marcados para esta actividade presencial deberá presentarse a unha proba global sobre a materia na data fixada pola profesora que a imparte.

As datas para os controis de lectura facilitaranse ao alumnado en xaneiro de 2015, con anterioridade ao comenzo das clases.

A data do exame de maio (60% da calificación para os que opten pola avaliación continua e 100% para os que non) será o mércores 6 de maio.

A data do exame de xullo será a que fixe a Facultade.

En calquera caso, para superar a materia é imprescindible demostrar corrección lingüística e ortográfica. Non aprobará quen escriba con faltas de ortografía e/ou acentuación. Tampouco aprobará quen incurra en plaxio. 

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000