O alumnado desenvolve exercicios na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do alumnado, como as lecturas.
Resolución de problemas e/ou exercicios
Actividade na que se formulan exercicios relacionados co comentario de textos e análise das obras de lectura obrigatoria. O alumnado debe desenvolver a reflexión literaria de forma autónoma.
Sesión maxistral
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante