Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Literatura española dos séculos XVIII e XIX
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Argumentar os temas e os textos obxecto de estudo de acordo coas convencións académicas, achegando probas e servíndose dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente dos orientados á investigación literaria e á docencia en literatura española.
saber
A6
Participar en debates e actividades de grupo, e organizalos desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico con respecto ás posicións alleas e á tolerancia cara á diversidade social e cultural que se expresa nas linguas e literaturas en cuestión.
saber
A7
Formular razoamentos críticos no ámbito de estudo literario a fin de adquirir métodos sólidos de análise, que transcendan a simple aproximación intuitiva aos textos obxecto de estudo.
saber
A8
Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais en español e en galego, formulando hipóteses cunha metodoloxía apropiada para transmitir ideas eficaces, de acordo coas convencións académicas, e argumentando os razoamentos expostos.
saber facer
A9
Mostrar sensibilidade cara ás achegas feitas polas mulleres á literatura e á cultura española, galega e portuguesa nos seus diferentes ámbitos xeográficos e culturais. Entender as funciones do canon, a súa formación e os seus axentes, e valorar as exclusións que xera, por exemplo, a exclusión dos textos de escritoras, particularmente nos diferentes ámbitos xeográficos e culturais das linguas galega e española.
saber facer
A11
Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou a súa vocación dunha forma profesional, e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Saber estar / ser
B2
Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre os temas destacados de índole social, científica ou ética.
Saber estar / ser
B3
Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Saber estar / ser
B4
Que o alumnado desenvolvese aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Saber estar / ser
B5
Identificar, comprender e apreciar as principais contribucións da literatura española dos séculos XVIII e XIX
saber
A3
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000