Código |
Descrición |
A3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A5 |
Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
C1 |
Dominar a comunicación cos e coas falantes das linguas de estudo no grao, en diferentes contextos sociais, profesionais e culturais, desenvolvendo a capacidade de comprensión e expresión oral e escrita, con tolerancia cara á diversidade social e cultural como resultado de defender os dereitos fundamentais de igualdade social, de xénero, de raza e de orientación sexual, e os valores propios da democracia e a cultura da paz. |
C2 |
Identificar, comprender e apreciar as principais contribucións das literaturas do español (en España e en América) e do galego, con especial sensibilidade para as literaturas emparentadas, como son as que corresponden ás linguas neolatinas e en particular a portuguesa |
C3 |
Abarcar os fundamentos teóricos e aplicados que ofrecen os diferentes paradigmas lingüísticos, así como sintetizar, relacionar e describir as literaturas española, galega e lusófona nos seus distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos |
C4 |
Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüística e literario |
C5 |
Dispoñer dos coñecementos necesarios para a comprensión, análise, desenvolvemento, avaliación e aproveitamento dos recursos lingüísticos e literarios para o futuro profesional |
D2 |
Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou a súa vocación dunha forma profesional, e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
D3 |
Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre os temas destacados de índole social, científica ou ética. |
D5 |
Que o alumnado desenvolvese aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |