Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Terminoloxía e neoloxía do galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados
Cada alumno ou alumna terá que entregar dous traballos:
1. Un glosario especializado elaborado a partir dun corpus. 35%.
2. Un traballo sobre neoloxía, referido a problemas denominativos e conceptuais. 35%.
70 A2
A3
C3
C8
C9
C13
D3
D4
Probas de resposta curta Realizarase unha proba escrita, ó final do cuadrimestre, sobre o temario, especialmente aquel non avaliado a través dos traballos tutelados. 30 C3
C8
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1ª edición das actas

O alumnado, ó comezo do cuadrimestre, poderá escoller entre un sistema de avaliación continua ou avaliación única.

a) Avaliación continua.
As probas avaliadas son as que figuran arriba. Para aprobar hai que obter un mínimo dun 5 entre os dous traballos (farase media a partir dun 4 en cada un deles) e un 5 no exame do final doscuadrimestre. A data deste exame será a que determine a Facultade oficialmente.

Para poder seguir a avaliación continua hai que asistir a un mínimo do 60% das clases e entregar os traballos tutelados e de aula nas datas fixadas. Quen non poida cumprir coa condición da asistencia ás aulas deberá comunicarllo ó profesor.
Se non se cumpren as condicións de avaliación continua (entrega de traballos, asistencia ás aulas) pasarase automaticamente ó sistema de avaliación única.

b) Avaliación única.
Consistirá nun exame sobre todo o temario cun valor do 65% da nota e un traballo sobre un glosario especializado cun valor do 35%. Para facer media entre exame e traballo hai que obter un mínimo de 4 puntos en cada unha das dúas probas.
A data do exame de avaliación única coincidirá coa aprobada pola Xunta de Facultade. O alumnado de avaliación continua que suspendese e teña que presentarse a esta nova oportunidade de exame poderá presentar de novo o traballo sobre un glosario especializado.

2ª edición das actas

Consistirá nun exame sobre todo o temario cun valor do 70% da nota e un traballo sobre un glosario cun valor do 30%. Para facer media entre exame e traballo hai que obter un mínimo de 4 puntos en cada unha das dúas probas. A data do exame e de entrega do traballo será a que aprobe a Xunta de Facultade.

A copia
ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá
un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade
do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

É responsabilidade do alumnado consultar os
materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao
tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000