Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Terminoloxía e neoloxía do galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula A entrega de dous traballos de aula valorarase cun 10% da nota. 10
Traballos tutelados
Cada alumno ou alumna terá que entregar dous traballos:
1. Un glosario especializado elaborado a partir dun corpus. 30%.
2. Un traballo sobre neoloxía, referido a problemas denominativos e conceptuais. 30%.
60
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame, ó final do cuadrimestre, sobre o temario non avaliado nos traballos. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1ª edición das actas

O alumnado, ó comezo do cuadrimestre, poderá escoller entre un sistema de avaliación continua ou avaliación única.

a) Avaliación continua.
As probas avaliadas son as que figuran arriba. Para aprobar hai que obter un mínimo dun 5 entre os dous traballos (farase media a partir dun 4 en cada un deles) e un 5 no exame do final dos cuadrimestre (nota mínima para facer media cos traballos 4 puntos).
Non se poderá renunciar á avaliación continua, unha vez escollida, e pasar voluntariamente ó sistema de avaliación única agás por causas xustificadas.
Para poder seguir a avaliación continua hai que asistir a un mínimo do 60% das clases e entregar os traballos tutelados e de aula nas datas fixadas. Quen non poida cumprir coa condición da asistencia ás aulas deberá comunicarllo ó profesor.
Se non se cumpren as condicións de avaliación continua (entrega de traballos, asistencia ás aulas) pasarase automaticamente ó sistema de avaliación única.

b) Avaliación única.
Consistirá nun exame sobre todo o temario cun valor do 70% da nota e un traballo sobre un glosario especializado cun valor do 30%. Para facer media entre exame e traballo hai que obter un mínimo de 4 puntos en cada unha das dúas probas.

O exame da materia, tanto o que corresponda á avaliación única coma á avaliación continua, farase no período de traballo autónomo de maio de 2015.

2ª edición das actas

Consistirá nun exame sobre todo o temario cun valor do 70% da nota e un traballo sobre un glosario cun valor do 30%. Para facer media entre exame e traballo hai que obter un mínimo de 4 puntos en cada unha das dúas probas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000