Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Historia da lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios O docente recompilará as cualificacións de todas as actividades prácticas que se vaian identificando como avaliables. 20 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C6
C7
C8
C13
D1
D2
D3
D4
D5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Nunha proba escrita despois de acabaren as aulas (na data marcada no calendario oficial da FFT), avaliaranse os coñecementos adquiridos ó longo do curso (inclúense os procedentes da bibliografía, das explicacións do docente nas aulas maxistrais ou nas aulas prácticas, etc.). Ata un 5% do valor desta epígrafe pódese alcanzar grazas á asistencia participativa nas aulas. 65 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C6
C7
C8
D1
D2
D3
D4
D5
Traballos e proxectos Cada discente elaborará individualmente un traballo escrito seguindo as indicacións do profesor. Terase que entregar, e expoñer oralmente na aula, na última semana do curso. 15 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C6
C7
C8
C13
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá decidir ó comezo do curso se opta por un sistema de avaliación continua ou por outro de avaliación
única.
Avaliación continua (asistencia do 80%): para poder facer media, haberá que superar cada unha das tres tipoloxías de avaliación anteriores. Todas as prácticas, actividades e traballos solicitados polo docente teñen que se entregar, para poder ser avaliados, nos prazos marcados. Os discentes que non perdan o dereito á avaliación continua poderán recuperar na avaliación do mes de xullo, na data fixada pola Facultade, aquelas probas que non superasen na avaliación de maio.

O alumnado que opte pola avaliación única, ou que non cumpra cos requisitos para a avaliación continua, poderá superar a
materia, tanto en maio coma en xullo, a través dun exame final escrito [65%] (que se realizará nas datas fixadas pola FFT no seu calendario oficial) e mais dun traballo (seguindo as indicacións do docente) [35%]. Cómpre superar tanto o exame coma o traballo para poder aprobar a materia. Aínda que se opte por un sistema de avaliación única aconséllase a asistencia ás aulas.

A copia ou o plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame será avaliado cun cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Todas as consultas realizadas por correo electrónico atenderanse no horario de titorías.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000