Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Historia da lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios O docente recompilará as cualificacións de todas as actividades prácticas que se vaian identificando como avaliables. 20 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C6
C7
C8
C13
D1
D2
D3
D4
D5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Nunha proba escrita despois de acabaren as aulas (proponse a data do mércores 25 de maio), avaliaranse os coñecementos adquiridos ó longo do curso (inclúense os procedentes da bibliografía, das explicacións do docente nas aulas maxistrais ou nas aulas prácticas, etc.). Ata un 4% do valor desta epígrafe pódese alcanzar grazas á asistencia participativa nas aulas. 65 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C6
C7
C8
D1
D2
D3
D4
D5
Traballos e proxectos Cada discente elaborará individualmente un traballo escrito seguindo as indicacións do profesor. Terase que entregar, e expoñer oralmente na aula, na primeira semana de maio. 15 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C6
C7
C8
C13
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá decidir ó comezo do curso se opta por un sistema de avaliación continua ou por outro de avaliación
única.
Asistencia para a avaliación continua: o alumnado deberá asistir a un mínimo do 80% das aulas (tanto das horas teóricas coma das prácticas). Para poder facer media, haberá que superar cada unha das tres tipoloxías de avaliación anteriores. Todas as prácticas, actividades e traballos solicitados polo docente teñen que se entregar, para poder ser avaliados, nos prazos marcados. Os discentes que non perdan o dereito á avaliación continua poderán recuperar na avaliación do mes de xullo, na data fixada pola Facultade, aquelas probas que non superasen na avaliación de maio.
O alumnado que opte pola avaliación única, ou que non cumpra cos requisitos para a avaliación continua, poderá superar a
materia, tanto en maio (na mesma data sinalada na descrición das probas, cfr. supra) coma en xullo (na data oficial fixada pola FFT), a través dun exame final escrito [65%] e mais dun traballo (seguindo as indicacions do docente) [35%]. Cómpre superar tanto o exame coma o traballo para poder aprobar a materia. Aínda que se opte por un sistema de avaliación única aconséllase a asistencia ás aulas.

O plaxio ou a copia serán penalizados cun 0 na proba en que se cometan.

Todas as consultas realizadas por correo electrónico atenderanse no horario de titorías.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000