Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Gramática galega III
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios O docente recompilará as cualificacións de todas as actividades prácticas que se vaian identificando como avaliables. 25
Traballos tutelados Cada discente elaborará individualmente un traballo escrito seguindo as indicacións do profesor. Deberase expoñer oralmente na aula o último día de aulas prácticas. 40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Nunha proba escrita despois de acabaren as aulas (a data fixarase co debido adianto), avaliaranse os coñecementos adquiridos ó longo do curso (inclúense os procedentes da bibliografía, das explicacións do docente nas aulas maxistrais ou nas aulas prácticas, etc.). Ata un 4% do valor desta epígrafe pode alcanzarse grazas á asistencia participativa nas aulas. 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá decidir ó comezo do curso se opta por un sistema de avaliación continua ou por outro de avaliación
única.

Asistencia para a avaliación continua: o alumnado deberá asistir a un mínimo do 80% das aulas (tanto das horas teóricas
coma das prácticas). Para poder facer media, haberá que superar cada unha das tres tipoloxías de avaliación anteriores.
Todas as prácticas, actividades e traballos solicitados polo docente teñen que se entregar, para poder ser avaliados, nos
prazos marcados. Os discentes que non perdan o dereito á avaliación continua poderán recuperar na avaliación do mes de
xullo, na data fixada pola Facultade, aquelas probas que non superasen na avaliación de maio.

O alumnado que opte pola avaliación única, ou que non cumpra cos requisitos para a avaliación continua, poderá superar a
materia, tanto en maio (na mesma data sinalada na descrición das probas, cfr. supra) coma en xullo (na data oficial fixada pola FFT), a través dun exame final escrito [60%] e mais dun traballo (seguindo as indicacións do docente) [40%]. Cómpre superar tanto o exame coma o traballo para poder aprobar a materia. Aínda que se opte por un sistema de avaliación única aconséllase a asistencia ás aulas.

Igualmente, o plaxio ou a copia serán penalizados cun 0 na proba en que se cometan.

Todas as consultas realizadas por correo electrónico atenderanse no horario de titorías.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000