Traballos tutelados |
Cada discente elaborará individualmente un traballo escrito seguindo as indicacións do profesor. Teranse que expoñer oralmente na aula o último día de aulas prácticas. |
40 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Nunha proba escriba (ó final do cuadrimestre) avaliaranse os coñecementos adquiridos ó longo do curso (inclúense os procedentes da bibliografía, das explicacións do docente nas aulas maxistrais ou nas aulas prácticas, etc.). Ata un 5% do valor desta epígrafe pode alcanzarse grazas á asistencia participativa nas
aulas. |
35 |
O alumnado deberá decidir ó comezo do curso se opta por un sistema de avaliación continua ou por outro de avaliación única. Asistencia para a avaliación continua: o alumnado deberá asistir a un mínimo do 80% das aulas (tanto das horas teóricas coma das prácticas). Para poder facer media, haberá que superar cada unha das tres tipoloxías de avaliación anteriores. Todas as prácticas, actividades e traballos solicitados polo docente teñen que se entregar, para poder ser avaliados, nos prazos marcados. Os discentes que non perdan o dereito á avaliación continua poderán recuperar na avaliación do mes de xullo, na data fixada pola Facultade, aquelas probas que non superasen na avaliación de maio. O alumnado que opte pola avaliación única, ou que non cumpra cos requisitos para a avaliación continua, poderá superar a materia, tanto en maio (a finais do cuadrimestre) coma en xullo (na data oficial fixada pola FFT), a través dun exame final escrito [60%] e mais un traballo (seguindo as indicacions do docente) [40%]. Cómpre superar tanto o exame coma o traballo para poder aprobar a materia. Aínda que se opte por un sistema de avaliación única aconséllase a asistencia ás aulas. Igualmente, o plaxio ou a copia serán penalizados cun 0 na proba en que se cometan. |