Resolución de problemas e/ou exercicios |
Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumnado debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Empregaranse como complemento da lección maxistral. |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que desenvolverá o alumnado. |