Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Seminario de literatura galega desde 1975 ata a actualidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Os contidos teóricos explicados nas sesións maxistrais serán avaliados mediante dous tipos de probas:
a entrega dun traballo sobre cada texto analizado e por probas de coñecemento. Faranse dúas probas dos contidos de poesía e dúas ou tres de narrativa.
50
Traballos de aula O alumnado terá que presentar unha recensión documentada por cada obra de lectura obrigatoria. 35
Probas de resposta longa, de desenvolvemento As alumnas que se presenten ás probas parciais do programa e as superen non terán que facer o exame final.
As alumnas que non se presentaran ás probas ou que non as superarán terán un exame final en XANEIRO, o xoves 15 ás 11: 00.
15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira edición das actas o sistema de avaliación é o descrito arriba. O alumnado que non poida asistir ás aulas deberá falar nos primeiros días de clase coa profesora. En todo caso, deberá entregar os traballos de curso (35%) e un exame final (65%).


A porcentaxe de presencialidade obrigatoria na avaliación continua é do 80%.


Na avaliación de xullo, o alumnado deberá entregar os traballos de aula (35%) e facer un exame dos contidos da materia (65%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000