Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Seminario de literatura galega desde 1975 ata a actualidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral
A avaliación desta metodoloxía está incluída nos dous apartados seguintes.
0
Traballos de aula
As lecturas e comentarios realizados na aula, así como todas as lecturas que se vaian propondo, serán obxecto de avaliación.
40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento As competencias adquiridas na materia serán avaliadas no seu conxunto cunha proba escrita na última semana de clases que inclúa o comentario de textos. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os discentes teñen que elixir ó comezo do curso entre un sistema de avaliación continua ou de avaliación única.

A porcentaxe de presencialidade obrigatoria na avaliación continua é do 80%.

A avaliación única para os discentes que así o elixan ou para os que incumpran as condicións esixidas para a avaliación continua consistirá nun exame (70%), que se realizará na última semana do curso, e nun traballo (30%).

Na avaliación de xullo tódolos discentes deberán facer o exame e entregar o traballo.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000